Teimas
20:05:00 | Author: forza4
Ás veces, dase o curioso efecto (alentador ás veces, descorazonador outras) dunha teima que che dá voltas á chola, e que mesmo te volve un calco difuminado do que adoitas ser.

Os embates da vida son moitos, pero ás veces, os maiores parten de nós mesmos. Son embates que practicamente ninguén pode negar que tivo sen estar fallando á verdade.

O máis duro, con todo, é cando son as mesmas características as que serven de desculpa para torturarnos con mil e unha cousas, cáseque tentando erguer trampas contra nós mesmos.

Por todo isto,cecais a mellor menciña, sexa adicarse ás tarefas cotiás, e logo, xa na casa, cando tes algo de tempo... analizar un pouco o porqué de todos eses pensamentos, e descartar aqueles que non nos aportan algo para mellorar todo.

Porque cecáis, iso, as ansias de mellorar, son as únicas que nos moven a ir adiante; cecais o querer sentirse mellor e desfrutar da "antesala da felicidade" é, realmente, a receita do que, por chamarlle dalgun xeito, o chamamos así: Felicidade.
This entry was posted on 20:05:00 and is filed under , , . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.