Carta aberta ao Goberno Galego
12:41:00 | Author: forza4
Vexo con preocupación as últimas noticias que ameazan con retirar o apoio público ao Software Libre por parte da Xunta de Galicia.

Alén dos máis de 2 millóns de euros empregados en actualizar licenzas para programas e aplicativos dunha empresa foranea (que non galega) coma é Microsoft, cómpre ter en conta as implicacións que ten todos estes movementos que se están a desenrrolar dende o seu actual gabinete da Xunta:

1. O actual gasto en licenzas fai que se minore a cantidade de diñeiro que queda para outros conceptos.

2. O feito de empregar ese diñeiro na capitalización dunha empresa foranea, e mesmo non europea, axuda a afondar na crise dun sector estratéxico para a nosa economía, e que podería axudar a modular os efectos da crise.

3. A Xunta de Galicia, entrega, de facto con esta actualización, unha vez máis, o control informático do goberno galego a unha empresa foranea coñecida polas súas prácticas monopolísticas, como se poden ver nas seguintes páxinas da Internet:

http://www.elmundo.es/navegante/2007/09/17/tecnologia/1190015018.html
http://www.maestrosdelweb.com/actualidad/la-union-europea-multa-nuevamente-a-microsoft/

...e moitas outras máis.

4. Os contratos ou pagamento/aceptación de licenzas privativas por parte do Goberno Galego, fai a este dependente de empresas estranxeiras e empobrece ás empresas relacionadas co sector en Galicia (é ben coñecido que Microsoft e outras empresas privativas deixan ben poucos dos seus recursos en lugares diferentes á súa sede central)

5. Todo o dito, evita que se poidan anunciar estas medidas como "anticrise", posto que se postulan como todo o contrario, e, evidentemente, convírtense nun elemento de desgaste do seu partido e do governo que representan.

6. Finalmente, fai que os posibles contratos de empresas autóctonas respecto da infraestructura informática teñan un custo maior, do cal só unha pequena parte queda na propia empresa, o que alonxa os recursos da propia terra que os entrega.


Por todo isto e máis, solicito o estudo e valoración das anteriores razóns e solicito:

1. O cambio ou complemento dos plans para a infraestructura informática (eufemísticamente "Plans TIC", con plans para extender o Software Libre non só na administración autonómica, senón entre a sociedade.

2. O mantemento e ampliación dos programas de mancomun.org, para o fomento conxunto do Software Libre e da Linuga e Cultura Galegas.

3. O mantemento e ampliación dos programas das Oficinas de Software Libre das Universidades Galegas, para o fomento conxunto do Software Libre e a tradución de programas de Software Libre ao Galego.

4. A diminución do parque informático con programas de licenza privativa, e a súa progresiva migración a Software Libre, contando con empresas autóctonas, de xeito que a grande maioría ou case tódolos recursos entregados, revirtan de novo en Galicia.

5. A publicidade de todas estas accións xa que, deste xeito, o fomento de tecnoloxías libres que axudan a sair da crise, e son en si unha axuda á poboación, reciban a atención axeitada.

Para máis información, recomendo estas ligazóns:

1. http://bitelia.com/2008/10/todas-las-empresas-sufren-de-la-crisis-menos-linux
2. http://guai.internautas.org/html/162.html
3. http://www.elpais.com/articulo/internet/Software/libre/gobiernos/crisis/elpeputec/20090305elpepunet_2/Tes
4. http://ramonramon.org/blog/2009/03/06/software-libre-para-gobiernos-en-crisis/

...e moitas outras que lles axudarán a darse conta do potencial que, para Galicia, e para sair desta crise ten o Software Libre.

Se queren máis información, por favor, contáctenme, por medio dun comentario nesta bitácora ou por medio do enderezo electrónico: eolica(punto)bitacora(arroba)gmail.com.

Un cordial saúdo.

Forza4.

P.D. Evidentemente, onde pon (punto) e (arroba) hai que substituir os textos polos correspondentes símbolos.