Sono
5:10:00 | Author: forza4
A mañá ameaza con vir... e o sono non fai mella suficiente. Penso como facer, desfágome en mil pensamentos, mil xeitos, mil ideas...

O tempo pasa, e non me decido a dá-lo paso... non pode collerme un novo día sen descansar. Pero as ideas arremuíñanse na mente coma un furacán do maxín dando voltas e máis voltas.

A festa foi para outros, mentres eu, logo traballaba, e ata folgando deixaba a festa aparte.

O tempo dá voltas coma un regueiro ferido de intres que non conseguen chegar á súa fin. E os pensamentos agólpanse uns con outros, aínda non acabou un, e vibra outro, tensando as cordas do maxín, tocando o xilófono das ideas, e liberando sons mentais aquí e aló.

E, de súpeto, a calma dáme unha tregua e acende unha luz. Ela é a solución, vida e razón do descanso. Só a calma, calma trae.

Só a calma, e eses ollos sereos que liberan a miña alma.
YouTube Stars (vaia par de tolas) ;)
18:16:00 | Author: forza4
Na rede hai de todo, realmente de todo. Nembargantes, poucas veces a creatividade dá como resultado algo tan sinxelamente xenial como dúas persoas adolescentes facendo o tolo diante dunha cámara.

Tendo o humor unha presenza e necesidade tan alta nas nosas vidas, ás veces ven ben algo de aire fresco para fuxir do de sempre.

E unha mensaxe en inglés para elas (son do Reino Unido): For You, Evski and Company: Go Ahead, Youtube Stars!

Forza4.
(Force-4-Wind).


Velaquí o seu último éxito(a toda velocidade)/ That's their last hit(at very high speed ;) ):

Coñecer
3:37:00 | Author: forza4
Pode que non se saiba moitas veces onde está o limite que separa o interese da intromisión, e máis nestes convulsos tempos onde xa un non sabe a que aterse, porque descobre, pouco a pouco, o mundo na súa crudeza.

E é que rara é a persoa que, mesmo a idade avanzada, leva conta de tódolos seus resortes mentais e físicos, e que coñeza, cun nivel de detalle enorme os procesos do seu pensamento e actuación.

E é que, ás veces, témo-la teima de achegarnos a aquelas persoas que cremos que, por ter maior desenvoltura na vida -nos seus buses de pensamento-, nos levarán -tal e como si foramos montados en monopatín- á súa zaga... sen problema.

O adoita suceder é que, cando menos o agardamos, o bus dá unha sacudida máis ou menos forte, e vémonos tirados no chan, lanzando queixas, cando sempre nos dixeran que todo nesta vida implica un certo sacrificio ou prezo a pagar.

E sen existir moeda que poida pagar afinidades, amizades ou amores, máis que eles mismos, o prezo a pagar é paradóxicamente tan sinxelo e complexo como definitivo, que é coñecerse mutuamente.

E ese mutuo coñececemento implica comprensión bidireccional, de un ao outro e do outro ao un.

Coñecerse implica ir descobrendo o ritmo de vida de cada un, e ir complementando, mutuamente, os ritmos, ás veces dispares, de cada unha das persoas implicadas.

Coñecerse, implica aceptar as críticas, tanto como a posibilidade de suxerir ou criticar ao outro sen que iso teña que ser unha creba enorme para a interrelación que se de entre as persoas.

E, sobor de todo, deixarse coñecer e coñecer a outras persoas é un proceso no que os/as implicados/as sempre teñen que saber dar algo, e tamén saber recibilo. Mesmo ás veces se fai preciso pedir a outras persoas que non nos concreten información de si mesmas, ou non nos ofrezan algo se nos non podemos corresponder co mesmo.

Esta é, alomenos, a opinión de quen estas liñas escribe.

¿Algunha suxerencia?

Forza4.
Blocando
0:14:00 | Author: forza4
Algo me bloca, e xa nin durmo... e penso que sei que é. E é que esto é xa contra-natura.


Non podo nin conciliar o sono. Preocúpame fallar unha vez máis. Gañar cada aprobado é como querer moverse e non poder. Semella aquel día, non hai tantos, no que non conseguía arrear. E eu erre que erre...ata que me tranquilicei e comecei a ir máis lento. Logo, mirei a temperatura: 38,5ºC. Asi non me estrana que non me dera movido. O corpo precisaba descanso, e tivoo.


Agora, só me resta procurar que o corpo descanse de novo... para non ter que dar o sinal de alarma para obrigarme a descansar.


Boa noite.

Nómadas
14:02:00 | Author: forza4
Durmía. Durmía pracenteiramente. A súa tersa e clara pel daba a sensación de ser suave, coma o tenro agarimo da brisa refrescante nunha calorosa mañá de verán.

Mentres a música aloumiñaba os seus tímpanos, a súa face transmitía paz.

Pouco a pouco, espertou, como unha bolboreta que sae da súa crisálida por primeira vez á vida aérea. O seu ollar esteundeu as ás lumínicas da súa alma ao seu redor.

Pronto, xurdiu a conversa. No seu mirar, latexaba a luz da ilusión pola vida, da curiosidade polo que virá, polo descoñecido. A súa é desas olladas que ven máis alá, e que máis aló de ver, miran.

Entón veu a pregunta da orixe de cada quen. Ela non tiña lugar fixo, estaba buscando o seu lugar no mundo, onde o traballo a chamara, alí iría. Prefería o verde campo á ateigada cidade. E o destino daquel autobús non era máis que unha estación nunha viaxe só un chisco máis longa.

Ela é unha nómada dos nosos tempos, aínda que recoñece que o seu obxectivo é chegar a ser algo máis sedentaria.

Mais... despois de todo, eu tamén son algo nómada. Tal vez, algo máis 'nómada virtual', no senso da canción de Guillo "Ces't dans l'ere":

DES AILES SUR MON FAUTEUIL DE BUREAU
JE SURVOLE ET JE PARCOURS LE RESEAU
J’AI LE DON D’UBIQUITE PLANETAIRE
ENFANT DE LA NOUVELLE RACE
DES NOMADES SEDENTAIRES

DAS ÁS SOBRE A MIÑA BUTACA DE OFICINA
SOBREVOO E PERCORRO A REDE
TEÑO O DON DA UBIQUIDADE PLANETARIA
NENO(A) DA NOVA RAZA
DOS NÓMADAS SEDENTARIOS
Quizá o seu nomadismo non sexa sedentario, pero ambos, somos nómadas na procura do noso lugar no mundo.





Novos valores da música francesa
0:17:00 | Author: forza4

Na rede, hai tempo atopei a magnífica páxina francesa (traducida ao castelán, entre outros idiomas) Jamendo , onde atopei un montón de novos grupos e autores, descoñecidos antes para min, e que distribúen as súas creacións baixo licencias Creative Commons . En concreto, chamoume a atención un disco que permite facer obras derivadas a partir de si mesmo (eu pronto o usarei nese senso), de Clemence (ou Klemence), chamado Ami Amis.

De escoita moi doada, é altamente recomendado. A súa belida e suave voz, xera belidos sentimentos ao longo da escoita deste disco altamente recomendado.
Locomoción 2020
4:43:00 | Author: forza4
O día era gris, hoxe gris esbrancuxado. Alomenos hoxe poderíalle pica-lo nariz que se, dunha banda era o sinal que a avisaba da súa incipiente reacción alérxica, alomenos, ao comezo, daba algo de gustiño (eso si, ata que os estornudos, toses e demáis reaccións normais do corpo a todas aquelas agresións ambientais, a facían caer nun estado de semi-inconsciencia con dores de cabeza constantes durante algunha hora, que logo, no aire artificialmente purificado da oficina, lle irían pasando, ao aliviar o organismo (alomenos parcialmente) a carga de contaminantes ambientais.

Aínda se acordaba cando, había catorce ou quince anos, aínda lle chamaba a súa aboa "pouquiña cousa", polo lío que lle daba a alerxia... e agora aquela que se dixera forte na xuventude, se vía obrigada a ir pola rúa nun eco-transporte con equipo autónomo de aire, xa que nin sequera merecía a pena purificar o aire que viña de fora.

Parecía mentira que, en tan pouco tempo se puidera ter deteriorado así a situación da cidade. Vale, había 15 anos había xa smog.... pero non tanto como agora. A choiva era moi raro que caera moitos días naquelas paraxes..., e voltárase bendición e maldición á vez. Cada vez que chovía había que refuxiarse onde unha ou un pudera para evitar a choiva de ácido (ou, por veces, álcali) que caía dende arriba e iba erosionaba todo ao seu paso (testas de viandantes incluídas).

Aínda se acordaba do que publicaran tódolos medios. Debíase deixar máis o coche na casa, era sano facer deporte. Agora, naquel deplorable super-smog, como lle deran en chamar, xa non era posible facer deporte sen deixarse os liviáns.

Se puidera volver a entón diría aos catro ventos que todos e todas deixaran o coche na casa. Agora interesaba o medio ambiente. Daquelas, tamén dicían que interesaba, mais agora como ata os políticos e famosos sofrían as consecuencias, xa adquirira a relevancia de "Tema Prioritario".

Forza4.
O río da vida (I)
21:47:00 | Author: forza4
Logo dun lento despertar, saltei da cama a un novo día de incertidumes. Saber se chegaría ao bus, a que hora quedar con Nidia e logo como facer para facer un pouco de todo no día.

Non perdín nin un segundo, entrei no baño, afeiteime, laveime un chisco, vestinme collín todo, e para fora. Cando saín, a vida xa comezara para moitos...

14 de Xaneiro 10.25 h. ...

Tiña 5 minutos, máis o tempo que me proporcionase o bus dende a estación ata o punto de recollida. Corrín rápidamente cara as escaleiras entrerrúas. Logo baixei ata a zona da comisaría, a praza da fonte das pirámides..

Xa eran as 10.31, estaba en pleno desconto.

Prácticamente non parei de correr en toda a ponte... 10.32, ¡¡que non chego, que non chego!!, 10.33...

Finalmente, ás 10.34 cheguei, abrín o minizume de mazá... e din boa conta del, tirei na papeleira o refugallo, e fun cara o bus. Logo de ceder o paso a outra persoa, entrei ás 10.37.

A aventura comezara... :)
Bos propósitos
22:28:00 | Author: forza4
Nestes días, sempre atopamos á xente preocupada por 'comezar ben o ano'.

Comezar ben o ano, significa facerse propósitos a cumplir durante o ano. Facer máis deporte, comer máis san, relaxarse ben logo do traballo, deixar de fumar... e todo ese tipo de propósitos.

Tod@s os temos, algún deles alomenos. Quen non fuma, non debe deixar de fumar, pero pode que non faga tanto deporte coma debera. Ou pode que non se relaxe o suficiente, tamén porque fai pouco deporte.

Con todo, coma algúns soños, estes propósitos adoitan caducar. Cando un se da conta, está na rutina de sempre. Xa que os soños non teñen porque ter máis data de caducidade que a súa propia consecución... ¿conseguiremos este ano que os bos propósitos non caduquen?.

Nas nosas mans está.