YouTube Stars (vaia par de tolas) ;)
18:16:00 | Author: forza4
Na rede hai de todo, realmente de todo. Nembargantes, poucas veces a creatividade dá como resultado algo tan sinxelamente xenial como dúas persoas adolescentes facendo o tolo diante dunha cámara.

Tendo o humor unha presenza e necesidade tan alta nas nosas vidas, ás veces ven ben algo de aire fresco para fuxir do de sempre.

E unha mensaxe en inglés para elas (son do Reino Unido): For You, Evski and Company: Go Ahead, Youtube Stars!

Forza4.
(Force-4-Wind).


Velaquí o seu último éxito(a toda velocidade)/ That's their last hit(at very high speed ;) ):

Coñecer
3:37:00 | Author: forza4
Pode que non se saiba moitas veces onde está o limite que separa o interese da intromisión, e máis nestes convulsos tempos onde xa un non sabe a que aterse, porque descobre, pouco a pouco, o mundo na súa crudeza.

E é que rara é a persoa que, mesmo a idade avanzada, leva conta de tódolos seus resortes mentais e físicos, e que coñeza, cun nivel de detalle enorme os procesos do seu pensamento e actuación.

E é que, ás veces, témo-la teima de achegarnos a aquelas persoas que cremos que, por ter maior desenvoltura na vida -nos seus buses de pensamento-, nos levarán -tal e como si foramos montados en monopatín- á súa zaga... sen problema.

O adoita suceder é que, cando menos o agardamos, o bus dá unha sacudida máis ou menos forte, e vémonos tirados no chan, lanzando queixas, cando sempre nos dixeran que todo nesta vida implica un certo sacrificio ou prezo a pagar.

E sen existir moeda que poida pagar afinidades, amizades ou amores, máis que eles mismos, o prezo a pagar é paradóxicamente tan sinxelo e complexo como definitivo, que é coñecerse mutuamente.

E ese mutuo coñececemento implica comprensión bidireccional, de un ao outro e do outro ao un.

Coñecerse implica ir descobrendo o ritmo de vida de cada un, e ir complementando, mutuamente, os ritmos, ás veces dispares, de cada unha das persoas implicadas.

Coñecerse, implica aceptar as críticas, tanto como a posibilidade de suxerir ou criticar ao outro sen que iso teña que ser unha creba enorme para a interrelación que se de entre as persoas.

E, sobor de todo, deixarse coñecer e coñecer a outras persoas é un proceso no que os/as implicados/as sempre teñen que saber dar algo, e tamén saber recibilo. Mesmo ás veces se fai preciso pedir a outras persoas que non nos concreten información de si mesmas, ou non nos ofrezan algo se nos non podemos corresponder co mesmo.

Esta é, alomenos, a opinión de quen estas liñas escribe.

¿Algunha suxerencia?

Forza4.