Determinismo indeterminado
16:25:00 | Author: forza4
Hai quen di que á miña idade nada é de sorprender, e que, canta máis idade tes, menos te sorprenden as cousas.

Sen embargo, sen chegar a ser unha sorpresa intensa e desas de deixa-la boca aberta, sinceramente me sorprende que aínda non se superara aínda a visión dual da realidade.

Xa hai algún ano que outro, fixen unha miniserie de 3 artigos sobre a dualidade para open.vieiros que podedes seguir dende as súas respectivas ligazóns:

Dualidade e liberdade cultural-lingüística.
Dualidade: medo e escravitude, e
Dualidade: Revolución.

Nelas, falaba sobre o negativo que resultaba limitar a nosa visión do mundo a unha dualidade totalitaria, a un "ben e mal" ou "eles contra nós", etc.

Con todo, isto ocorre a escalas máis limitadas tamén. Tal é o alcance da instrucción xeral da poboación a través dos séculos respecto dunha suposta estrutura dual de todo o existente, que aínda semella que non somos quen de superar esa visión limitante do noso contorno, do mundo, do universo, etc.

Para ilustralo dalgún xeito, vou poñer uns cantos exemplos.

Un dos casos máis paradigmáticos dáse na relación co resto da xente. Para comezar, cando falamos dunha relación amorosa, xa chegamos a un punto de dualidade clara: a parella.

Con todo, aínda que unha boa substentación dunha relación de parella, ten un dos seus posibles puntos básicos no mantemento do foro individual e o respecto das características persoais; precisamente, noto que é este punto un dos que máis entra en xogo en casos de disolución da parella.

Por primeiro, son moitas (cecais demasiadas) ás veces, nas que se poñen de relevo as relacións persoais do outro membro da parella como obstáculo ao mantemento da relación, ou como unha das razóns para a extinción da relación de parella.

Doutra banda, tamén se adoitan dar outros nocivos efectos da visión estrictamente dual da realidade, cando se esgrimen conceptos dependentes da visión da realidade.

Por exemplo, un dos plantexamentos máis limitados que se adoitan dar tras unha ruptura sentimental son aqueles que contrapoñen conceptos supostamente opostos e exclusivos como sinceridade vs. engano.
Esto dase por unha visión que, como iremos vendo, é robótica en varios sentidos.

E é que se foramos robots, fabricaríannos do xeito máis sinxelo (e, a poder ser, eficaz) posible para evitar complexidades que alongaran o proceso de desenrrolo, tanto do propio robot a elaborar,como da cadea de montaxe que fabricará o robot a partires das materias primas.

Se fora así, a lóxica máis sinxela de operación, sería unha baseada no que se basean os ordenadores actuais (e pasados) que teñen 2 posibles valores para cada mínimo elemento de información: 0 (ou non/falso), e 1 (ou si/verdadeiro).

Nesta lóxica, para construir un gráfico en branco e negro, podemos utilizar a lóxica binaria (a dos 0's e 1's), onde 0 sexa negro (ou ausencia total de cor), e 1 branco (ou presenza total de cor).

Precisamente, nesta lóxica, se queremos construir imaxes con tan só 16 cores, teremos que utilizar varios elementos de información binaria xuntos que, máis aló de comportarse como verdadeiro ou falso, se comporten como cifras numéricas que asignan valores á luminosidade de diferentes cores que, xuntas, compoñen unha cor diferente.

Por exemplo, no esquema de cores RGB (Vermello/Verde/Azul, polo seu significado en inglés: Red/Green/Blue), a cada cor, según a cantidade de tonalidades que se empregue, asígnanselle unha certa cantidade de elementos de información (en adiante, chamarémolos bits) para poder asignar unha luminosidade entre un índice máximo e mínimo)

Así, para 16 cores, só necesitamos 1 bit para cada cor, o que nos dá 16 combinacións, desde 000 para o negro (ausencia de cor total) ata 111 para o branco (presencia total de cor), pasando por, por exemplo 010 para unha cor verde primaria, onde cada bit se comporta como un Verdadeiro/Falso para cada cor.
Polo tanto, se unha cor amarela é a composición de verde+azul, entón diremos que o amarelo é 011, ou "Vermello= non/Verde = si/Azul=si).

Como vemos, para cousas sinxelas, a dualidade funciona como se agarda. Mais... imaxinémonos que queremos poñer cousas nunha pantalla cunha gama de matices de cor composta de 65536 matices.
Neste caso, precisariamos 5 bits para cada cor, o que daría un número binario equivalente a un número decimal entre o 0 e o 31 para cada cor, é dicir 32 posibilidades de luminosidade en cada cor.

Aquí, por moito que queiramos, e aínda que lográsemos reducir o significado de cada cifra a un certo significado lóxico binario (como, por exemplo, a emisión ou non dunha radiación dunha lonxitude de onda que se corresponde cunha determinada cor), está claro que, a maior cantidade de matices requiridos, menor é o control que podemos ter nos sobre o suposto significado de cada cousa.

Por iso, cando ao falar dunha relación, unha persoa di sentirse enganada cando a outra persoa remata coa relación de parella, malia a que é unha reacción lóxica de principio, penso que sempre debe servir de toque de atención a existencia desta reacción para que pensemos en que é o que perdemos polo camiño cando pensamos iso, e como podemos reducir algo tan rico en matices como é unha relación de parella a unha dualidade simple na que un si ou un non poden elevar un pensamento ou consideración á categoría de auténtica verdade (se é que esto último existe).

Forza4
This entry was posted on 16:25:00 and is filed under , . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

2 comentarios:

On 5:44 p. m. , Aniña dijo...

en la vida no todo es blanco o negro existe el gris!
besitos

 
On 5:41 p. m. , maria beltran viel dijo...

molt bon treball companys! esta molt be! ojala el meu estiguera igual.