(Des)concerto
11:13:00 | Author: forza4
Hoxe, en Galicia, decidimos quen levará a batuta da Xunta nos próximos 4 anos. Unha Xunta que, dalgún xeito, veu dende posicións 'nazonalistas' (si, así decían aqueles que seguiron a "Asamblea Nazonalista de Lugo" o 17 e 18 do Samartiño do 1918).

Dicían que o apelativo "Rexionalista" non incluía tódalas súas aspiracións. Tamén recollían propostas que, aínda hoxe, deberían ser obxectivo de todos, e que, ata quen escribe estas liñas non segue aínda na súa completitude.

Un nacionalismo ao que agora dende amplos sectores se intenta penalizar coma se fora unha lacra, coma se fora o independentismo o que queren aqueles que se din nacionalistas, cando, hai outro tipo de nacionalismo que non é incompatible con nacións que viven en paz con outras nacións dentro de nacións máis grandes.

Hai quen non quere entender, porque, tal como se fora un famoso ávido de exclusivas, quere a exclusividade para os feitos nacionais, cando, mesmo na natureza grande parte dos sistemas vivos están formados de sistemas vivos.
Unha célula, é, en si, un sistema vivo, e non deixa de estar dentro de outro sistema vivo do cal forma parte. Así, unha nación pode ser parte doutra nación e formar parte do seu caracter e ser unha característica que enriquece ao conxunto.

Agora téñome que ir, pero máis adiante seguiremos co tema.

Sede Felices.
|
This entry was posted on 11:13:00 and is filed under . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

1 comentarios:

On 6:37 p. m. , Aniña (@vampyevil) dijo...

quien saldra??