Veño de ver en TVE unha parte dun capítulo de "Planeta Tierra" adicado aos desertos. O máis curioso do tema, é que, semella ser, que as dunas veñen formándose dende hai milenios pola acción erosiva do vento (e a area nel contida) sobre as rochas que hai no deserto.
Esas dunas poden estenderse durante centos de quilómetros e a base das mesmas pode levar "inmutable", según decían no documental, uns 5000 anos.

Todo iso fíxome pensar que ese podería ser, xustamente, un xeito alternativo á tectónica para a formación de cordais e montañas, xa que, a area do fondo, sometida a grande presión (e quen sabe se temperatura), podería terse compactado en rocha.

Por outra banda, a cuestión sería ata onde pode o vento chegar. De momento, hai dunas que levantan 300 mts. por riba da súa base. ¿Ata onde podería levalas o vento?
No documental dannos unha boa pista: Mentres a area, máis pesada levanta pouco do chan, o pó, máis lixeiro, pode erguer ata 5000 metros do chan.

É dicir, o vento, por si só, pode erguer ata máis de 5000 mts., e, polo tanto, pode ir desplanzando a area aos poucos, cada vez cara máis arriba. O tema pendente, entón, sería: ¿Podería algún proceso compactar mesmo a area superficial das dunas, para a súa conversión total en montañas?

Logo, ao fío do comentado máis arriba, as montañas, poderían ir xerando o seu propio clima, xa que a elevación podería crear un efecto barrera que en http://club.telepolis.com/geografo/clima/atmosfera.htm definen como:


O efecto barreira é o que sofre o aire frío ao ascender en altura por causa da presenza dun relevo. Ese ascenso faille perder temperatura, polo que aumenta a humidade relativa ata saturarse e facer que chova.

Tamén, do outro lado da montaña, hai un efecto curioso, o efecto foehn que é que os ventos, xa liberados de humidade, descenden pola outra vertente do relevo (neste caso, duna ou montaña) dando lugar a ventos moi fortes, secos e cálidos.

Entón, dependendo dos réximes de ventos, podería haber precipitacións ou ventos secos, dun lado ou outro da elevación, de xeito alternativo.

Sexa coma sexa, esta sería unha posibilidade de cambio natural do clima nos ecosistemas. Outro día, falaremos dos cambios meteorolóxicos provocados pola variación da radiación solar.
This entry was posted on 14:16:00 and is filed under , . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.