Sono
5:10:00 | Author: forza4
A mañá ameaza con vir... e o sono non fai mella suficiente. Penso como facer, desfágome en mil pensamentos, mil xeitos, mil ideas...

O tempo pasa, e non me decido a dá-lo paso... non pode collerme un novo día sen descansar. Pero as ideas arremuíñanse na mente coma un furacán do maxín dando voltas e máis voltas.

A festa foi para outros, mentres eu, logo traballaba, e ata folgando deixaba a festa aparte.

O tempo dá voltas coma un regueiro ferido de intres que non conseguen chegar á súa fin. E os pensamentos agólpanse uns con outros, aínda non acabou un, e vibra outro, tensando as cordas do maxín, tocando o xilófono das ideas, e liberando sons mentais aquí e aló.

E, de súpeto, a calma dáme unha tregua e acende unha luz. Ela é a solución, vida e razón do descanso. Só a calma, calma trae.

Só a calma, e eses ollos sereos que liberan a miña alma.
|
This entry was posted on 5:10:00 and is filed under . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.