Locomoción 2020
4:43:00 | Author: forza4
O día era gris, hoxe gris esbrancuxado. Alomenos hoxe poderíalle pica-lo nariz que se, dunha banda era o sinal que a avisaba da súa incipiente reacción alérxica, alomenos, ao comezo, daba algo de gustiño (eso si, ata que os estornudos, toses e demáis reaccións normais do corpo a todas aquelas agresións ambientais, a facían caer nun estado de semi-inconsciencia con dores de cabeza constantes durante algunha hora, que logo, no aire artificialmente purificado da oficina, lle irían pasando, ao aliviar o organismo (alomenos parcialmente) a carga de contaminantes ambientais.

Aínda se acordaba cando, había catorce ou quince anos, aínda lle chamaba a súa aboa "pouquiña cousa", polo lío que lle daba a alerxia... e agora aquela que se dixera forte na xuventude, se vía obrigada a ir pola rúa nun eco-transporte con equipo autónomo de aire, xa que nin sequera merecía a pena purificar o aire que viña de fora.

Parecía mentira que, en tan pouco tempo se puidera ter deteriorado así a situación da cidade. Vale, había 15 anos había xa smog.... pero non tanto como agora. A choiva era moi raro que caera moitos días naquelas paraxes..., e voltárase bendición e maldición á vez. Cada vez que chovía había que refuxiarse onde unha ou un pudera para evitar a choiva de ácido (ou, por veces, álcali) que caía dende arriba e iba erosionaba todo ao seu paso (testas de viandantes incluídas).

Aínda se acordaba do que publicaran tódolos medios. Debíase deixar máis o coche na casa, era sano facer deporte. Agora, naquel deplorable super-smog, como lle deran en chamar, xa non era posible facer deporte sen deixarse os liviáns.

Se puidera volver a entón diría aos catro ventos que todos e todas deixaran o coche na casa. Agora interesaba o medio ambiente. Daquelas, tamén dicían que interesaba, mais agora como ata os políticos e famosos sofrían as consecuencias, xa adquirira a relevancia de "Tema Prioritario".

Forza4.
|
This entry was posted on 4:43:00 and is filed under . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.