Un sentir
4:14:00 | Author: forza4
Ás veces, semella que o mundo non quere ver. Pechamos os ollos ante os problemas, e tomamos a "pastilliña azul" para seguir no mundo dos soños, nun mundo etéreo que, mesmo sendo así, sabemos que é irreal e que é froito do que outros nos impoñen.

Iso, por veces, fainos aposentarnos e protestar refunfuñando se se nos propón ir máis alá, e loitar por aquelo que, con todo, no mesmo xerme da nosa alma, aínda cremos e defendemos.

Cecais por iso, propostas que, en principio serían insignificantes, acaban sendo todo un éxito.

Nembargantes, da que vos vou a falar agora, non só parte dunha base moi interesante, senón que penso que merece a pena. É a campaña "1globe,1world".
E non vos pensedes que ven dos Estados Unidos de América do Norte, senón que se fraguou en España, entre Pixel y Dixel e lacomuna.tv, argallaron esta campaña, que creo que é unha das máis orixinais, dende a dos abrazos gratis.

Velaquí o seu video de presentación: