Unhas poucas verbas no medio de centos, mesmo de miles ou millóns, poden ter tanto, ou mesmo máis significado que todas as demáis. E non é que as demáis non teñan valor, senon que estas condensan un significado que as fai especiais. Un significado ás veces inesperado, outras impredecible, pero que sempre axuda a desentrañar un pouco o misterio da persoa que lle dá sentido.
Todo isto, pasoume hoxe, un dos días máis dificiles de pasar e que, seguramente, se anuncia ben longo. Mais, como nun xogo detectivesco, as probas van aparecendo onde menos se agarda, e pinta, tantas veces, unha composición que un/ha non imaxinaría.
Cecais, debería, o antes posible, enviar unha felicitación a alguén que dubido a agarde.
Con todo, o feito de non coñecer moito a esta persoa, fai que dificilmente llo diga, aínda que en fin... de sorpresas está a vida chea.
Forza4.
Cousas da vida,
Mente,
xente
|
This entry was posted on 12:24:00 and is filed under
Cousas da vida
,
Mente
,
xente
. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.
1 comentarios:
hola!!bueno non sei se te recordaras de min...bueno un día escribiches sobre min neste blog e gustoume moito...tes un gran talento como escritor, sobre todo como escritor galego....seguirei pasando por este pequeno mundo tan fermoso que estás a crear.....