Era unha noite especial. Comezos de entroido, amizades, disfraces. Apareceu ela. Realmente, teño que recoñecer que me sorprendeu. Tiña a face de cor lua azul, e á mesma lúa crecente pintada nela.
Realmente, era unha expresión tan artística coma máxica. Realmente convertírase nunha verdadeira fada que podería ser quen de enfeitizar ao máis pintado. E se a aquel cadro lle engadimos aquel sorriso, metade timidez, metade complicidade, a verdade é que o resultado era tremendo.
Logo, deixei de vela. Todos seguimos naquel local a nosa festa entre música, chistes, bromas... . Logo, máis tarde, volveu aparecer.
Ao principio, pensei que seguía mantendo aquel feitizo do principio da noite, mais a choiva alcoolica machucara a maxia, e, entón, aparecía coa face de xestos excesivos, e co ollar perdido que perdera o seu brillo, e a mestura tan xenial de timidez e complicidade tornara nunha face plana, en movemento limitado, sen vida.
Foi unha verdadeira pena que por un pouco de alcool deixara perder a vida á súa ollada, xesto, mente e ser.
Cecais, despois da resaca os ollos volveron a coller brillo e perde-lo tono mate, pero iso... xa é fariña doutro costal...
Forza4.
|
This entry was posted on 3:20:00 and is filed under . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.
1 comentarios:
impresionante esta vision de blog y el texto.