Tempo e movemento
4:19:00 | Author: forza4
Chegou o día. Hai un par, ou día e pico, cumplín un novo ano de vida. Aquí é cando me dou conta do pouco que parece que avancei en todo o que tiña que facer.

Con todo, xa hai tempo que veño matinando algo: o porqué da lonxitude temporal da vida dos seres vivos. E é que canto máis pequenos, menos adoita durar.

Aínda así, outra cousa é a percepción que se ten do tempo. Por exemplo: as formigas, con todo seren pequenas, seguramente, se teñen unha certa percepción do tempo e do espazo, e teñen unha memoria episódica por pequena que sexa, sentirán que viven bastante tempo.

Para comezar, unha formiga percorre deceas de metros para atopar comida. Tendo en conta que a lonxitude do corpo dunha formiga adoita ser duns poucos centímetros (adoptemos 4 cm. como medida estándar), digamos que percorre algo así como múltiplos de 250 veces a súa lonxitude para atopar alimento. É dicir, se o alimento está a 40 metros, percorrería 1000 veces a lonxitude do seu corpo.

Isto pode soar moi pouco, pois para o ser humano (asumindo que gatearamos a 4 patas), sería algo así como percorrer algo así como a distancia de entre 4 e 8 kms. diariamente, o que non é pouco, con todo -e todo isto andando-.

Mais, se nos damos conta de que este percorrido o fan as formigas máis dunha vez ao día, de ida e de volta, dámonos conta que, de ser humanas e facer o equivalente, percorrerían, posiblemente entre 8 e 32 kms. diariamente.

Tendo en conta todo isto, hai que se dar conta de que na súa vida de 40 a 60 días (o que equivalería a dicir que para unha formiga un día é semellante a un ano ou ano e medio das nosas vidas), se os 40 metros de media, os percorren 4 veces, son unha media de 40 metrosx 4 veces x 50 días (de media) = 8000 metros.

Esto para unha formiga é unha fazaña colosal.

Ademáis, o seu sentido do tempo é máis fino. ¿Non vos dades conta de que cando erades nenos, unha hora era unha sucesión interminable de tempo? Para un animal que, ao final da súa vida só ten algo así como mes e medio de vida, un segundo ten que ser un espacio de tempo considerable.

Por iso, o movemento dunha especie -mental e físicamente-, e a velocidade dos seus procesos, polo que vemos, increméntase canto máis se decrementa a súa escala -é dicir, canto máis pequeno é-.

Por todo isto, podemos dicir que o tempo e o espazo están relacionados e son unha cousa parella, tanto física como perceptiva e psíquicamente falando.

Forza4.
Un sentir
4:14:00 | Author: forza4
Ás veces, semella que o mundo non quere ver. Pechamos os ollos ante os problemas, e tomamos a "pastilliña azul" para seguir no mundo dos soños, nun mundo etéreo que, mesmo sendo así, sabemos que é irreal e que é froito do que outros nos impoñen.

Iso, por veces, fainos aposentarnos e protestar refunfuñando se se nos propón ir máis alá, e loitar por aquelo que, con todo, no mesmo xerme da nosa alma, aínda cremos e defendemos.

Cecais por iso, propostas que, en principio serían insignificantes, acaban sendo todo un éxito.

Nembargantes, da que vos vou a falar agora, non só parte dunha base moi interesante, senón que penso que merece a pena. É a campaña "1globe,1world".
E non vos pensedes que ven dos Estados Unidos de América do Norte, senón que se fraguou en España, entre Pixel y Dixel e lacomuna.tv, argallaron esta campaña, que creo que é unha das máis orixinais, dende a dos abrazos gratis.

Velaquí o seu video de presentación:

Recuperar a vida
3:10:00 | Author: forza4
Ás veces, vémonos un tanto perdidos, e non sabemos cara onde ir. Así estou neste momento, atrapado nos meus pensamentos, nas miñas fobias, nos meus medos, plantexándome cada intre como inutil...
Mais sei que, dentro de min, áchanse moitos azos de ir adiante, de superar uns dificiles momentos q ue duran xa demasiados, miles de días mesmo, e que semellan cronificados.

Mais se algo hai de certo no mundo é, como un coñecido lema comercial di, que os cambios ocorren. Mais os cambios non ocorren porque si, fundaméntanse nalgo, están moito tempo en preparación longo tempo. Pasa esto co positivo e co negativo.

No eido positivo, cambiar algo a mellor leva esforzo e tempo de preparación, realización e consecución dos obxectivos positivos que nos propoñemos.

No eido negativo para nos, por exemplo, algúns tipos de virus que hoxe afectan á raza humana tardaron milenios en conseguir un xeito de adaptarse ao noso sistema defensivo, celular, hormonal e/ou un grande etcétera de resortes electrobioquímicos, que lles permiten adentrarse ata as células hóspede, por veces, con pasmosa eficacia.

Tamén se precisan anos de investigacións para conseguir remedios contra as enfermidades para que, finalmente, os resortes que conseguiran virus e bacterias para infectarnos, básicamente non lles valan de demasiado.

Por eso mesmo, moitas veces, para recupera-la vida, pode que nos comprometamos a non poñernos prazos para poder cumprilos. Sei que semella unha tolemia, pero se non nos damos prazos para certas cousas poderemos, dende unha certa tranquilidade, afrontar os retos diarios, para así poder organizar as semanas, os meses, os anos... dun xeito moito máis natural.

Cecais me sirva a min, e ogallá, pois é o que intento (aínda que aínda non conseguín non darme prazos ao 100%), e, ogallá a algúns e algunhas de vós vos sirva tamén, e vos axude a ir adiante e conseguir os vosos obxectivos.

Forza4.
Sono
2:04:00 | Author: forza4
Teño sono. Pero un desaforado. Cecais... algo que outros días agardaba con impaciencia, pero hoxe me molesta, mesmo para pensar en durmir.

Con todo, non é raro: preciso descansar. Supoño que todos o precisamos, pero, en intres coma este, cecais o precise dun xeito especial.

Teño que tomar folgos para, en poucas horas, comezar un longo e, agardo, que produtivo día. Unha xornada que me leve a aquelo que desexo dende hai tempo: vivir realmente.

Forza4.
Momentos de espazo
19:24:00 | Author: forza4
Hoxe estiven alí. Cecais noutra lingua, ou na mesma: na das sustancias etéreas. ¿que foi de todo?. Pois... realmente non o sei, pero segue no punto medio entre as substancias da alma e do corpo e aquela nube que vai cambiando a cor de branco a azul, de azul a gris.

Hoxe tamén sentín eses baleiros cheos de materia e enerxía que ti, só ti,podes crear para os tempos de aquí e de acolá.

¿Que queres dicir con cada verba túa?... Cecais sexas só, aquela imaxe dos cantís batendo contra a marea, das montañas zoando contra o aire, tolo e forte, de cercanías do inverno.
Calquera verba xélida do teu maxín impacta coma un meteorito quente e arrecendente de novos intres achegando sentires a cada compás.

Cecáis, sexa o teu,o alegato máis decidido daqueles, que griseiros pola vida andamos, ou, aínda máis probablemente, sexa a túa arte, puñal que fende o gris estandarte do pesimismo de acción e reacción.

Cecais, só cecáis, ti foras a reveladora dun segredo milenario: A vida, ás veces, só consiste en pequenos puntos claros sobre fondo negro.