O río da vida (I)
21:47:00 | Author: forza4
Logo dun lento despertar, saltei da cama a un novo día de incertidumes. Saber se chegaría ao bus, a que hora quedar con Nidia e logo como facer para facer un pouco de todo no día.

Non perdín nin un segundo, entrei no baño, afeiteime, laveime un chisco, vestinme collín todo, e para fora. Cando saín, a vida xa comezara para moitos...

14 de Xaneiro 10.25 h. ...

Tiña 5 minutos, máis o tempo que me proporcionase o bus dende a estación ata o punto de recollida. Corrín rápidamente cara as escaleiras entrerrúas. Logo baixei ata a zona da comisaría, a praza da fonte das pirámides..

Xa eran as 10.31, estaba en pleno desconto.

Prácticamente non parei de correr en toda a ponte... 10.32, ¡¡que non chego, que non chego!!, 10.33...

Finalmente, ás 10.34 cheguei, abrín o minizume de mazá... e din boa conta del, tirei na papeleira o refugallo, e fun cara o bus. Logo de ceder o paso a outra persoa, entrei ás 10.37.

A aventura comezara... :)
Bos propósitos
22:28:00 | Author: forza4
Nestes días, sempre atopamos á xente preocupada por 'comezar ben o ano'.

Comezar ben o ano, significa facerse propósitos a cumplir durante o ano. Facer máis deporte, comer máis san, relaxarse ben logo do traballo, deixar de fumar... e todo ese tipo de propósitos.

Tod@s os temos, algún deles alomenos. Quen non fuma, non debe deixar de fumar, pero pode que non faga tanto deporte coma debera. Ou pode que non se relaxe o suficiente, tamén porque fai pouco deporte.

Con todo, coma algúns soños, estes propósitos adoitan caducar. Cando un se da conta, está na rutina de sempre. Xa que os soños non teñen porque ter máis data de caducidade que a súa propia consecución... ¿conseguiremos este ano que os bos propósitos non caduquen?.

Nas nosas mans está.